Skip to main content

O Colexio

Ideario do Centro

COMO CENTRO EDUCATIVO

Colabora cos fins que a sociedade civil asigna ao seu sistema educativo inspirado nos seguintes principios:

  • A igualdade de oportunidades en unha educación de calidade para todos os alumnos/as.
  • A transmisión dos valores que sirvan de fundamento á  liberdade persoal, á responsabilidade social, á igualdade e á solidariedade.
  • A participación co-responsable dos distintos sectores da comunidade educativa así como o fomento e promoción da investigación e la innovación educativa.

COMO CENTRO CATÓLICO

Funda a súa acción educativa nos seguintes principios:

  • Favorecer o desenvolvemento integral e harmónico da personalidade do alumno/a a través dun proxecto coherente e global.
  • Dende a nosa inspiración cristiá ofrecemos un modelo de educación liberadora  que favorece os valores humanos  de xustiza, liberdade, solidariedade, alegría…

COMO CENTRO MERCEDARIO

A finalidade da misión educativa mercedaria é ofrecer formación INTEGRAL

  • Apostamos por unha EDUCACIÓN LIBERADORA que abra ás persoas ao uso responsable da súa liberdade e ao respecto á liberdade dos demais.
  • Educamos dende unha comunidade educativa que forma ás persoas para o comunitario. A forza integradora do noso centro radica na comunidade educativa. Todos os membros que a forman son membros activos da tarefa educativa.

Casi 115 anos de presenza
activa na Vila

Historia do centro

Nos seus casi 115 anos de presenza activa na Vila, a comunidade mercedaria destacó pola súa labor parroquial e atención pastoral.

No ano 1934  transformase en seminario menor e internado. Como Seminario ofreceu formación a centos de rapaces chegados de moitos lugares de España e outros países; foi unha axuda impagable por acoller a tantos nenos que non podían facer fronte aos seus estudos e menos a un internado,  dada a situación de precariedade das súas familias.

O seu ámbito de actuación non se limitou ao núcleo de Sarria, sobre todo despois de 1934 cando se convirtió en casa de postulantado (seminario menor) mercedario e colexio de EXB.  Por este centro, unha referencia a nivel nacional durante unha prolongada etapa, tamén pasaron remesas de rapaces de León, Zamora e outras zonas de Castela.

En 1968 ábrense as aulas aos externos de  Sarria e comarca; foron anos de grande apertura a todos os que non podían atopar centros docentes. Durante esta época recibiu diferentes nomes: Colexio Seminario, Colexio P. Severino, Colexio La Merced… Impartiuse ensinanza  como colexio masculino en principio  e máis tarde, nos anos 80 como colexio mixto. Polas súas aulas pasaron miles de sarriaos que grazas á preparación que adquiriron, alcanzaron as máis altas cotas nas súas respectivas profesións.

Os membros do claustro de profesores xunto cos membros da comunidade mercedaria continúan desenvolvendo a súa máis que meritoria labor de ensinanza e pastoral, sempre ao servicio dos fieis habitantes de Sarria e os seus arredores.