Skip to main content

Proxecto Educativo

O noso Centro ofrece unha educación integral e plurilingüe, desde os 3 ata os 16 anos, favorecendo o respecto e a promoción dos valores humanos.

Plurilingüismo

O noso Centro ofrece unha educación integral e plurilingüe, desde os 3 ata os 16 anos, favorecendo o respecto e a promoción dos valores humanos.

As accións educativas innovadoras coa axuda das tecnoloxías optimizan os recursos para levar este proxecto a cabo.

  • Plurinfantil
  • Plurilingüismo en Primaria- Plastic Arts
  • Inglés ESO- potenciando habilidades: Listennig, reading, writting, speaking
  • Extraescolares: English is Fun Ed.Infantil, British Club Ed.Primaria
  • Viaxes de Inmersión Lingüística-Londres

TIC

Acordes cos nosos tempo, somos conscientes da necesidade de desenvolver a competencia dixital do noso alumnado.

Traballamos nun Entorno Virtual de Aprendizaxe facendo uso das distintas ferramentas de Google Suite for Education e Google Classroom, que dotan aos alumnos dos recursos necesarios para facer fronte aos retos e permítennos, á súa vez, realizar un seguimento individualizado de cada un deles.

Contamos ademais co proxecto de Robótica: Ed.Primaria- Procecto Go Steam e participamos no proxecto “Digicraft en tu cole”

Entorno Privilexiado

Estamos situados na parte alta da Vila de Sarria, nun entorno privilexiado sen apenas tráfico. O Camiño de Santiago pasa pola nosa porta converténdose  nun espazo educativo máis que aporta unha gran riqueza cultural. A nosa situación permítenos gozar de moitos espazos ao aire libre onde os alumnos poden desfrutar de aulas abertas, espazos verdes etc.

Dispoñemos de dous grandes patios de recreo, instalacións deportivas, polideportivo, amplas e luminosas aulas e zonas verdes de lecer: Aula aberta, Horta escolar, Bosque propio, xardín, que propician o pleno desenvolvemento das capacidades dos nosos alumnos e alumnas.