Skip to main content

Metodoloxía

Educación Infantil

O carácter familiar e cercano que caracteriza ao noso centro ten a súa máxima expresión nas aulas de Ed. Infantil, onde o noso principal obxectivo é coidar dos máis pequenos, nun ambiente alegre e acolledor, cun clima de confianza e seguridade afectiva, respondendo a todas as súas necesidades, así como ás das súas familias.

Procuramos desenvolver ao máximo as súas capacidades e xerar habilidades creativas e de pensamento, que lles permitan ir adquirindo paulatinamente as habilidades necesarias para coñecer e interactuar positivamente co mundo que os rodea: Robótica (LEGO-GO STEAM), TIC aplicadas á aula ( encerado dixital e apps), Música, Lectura-escritura, Inglés…,

Educación Primaria

Durante toda a Educación Primaria acollemos ao alumnado nun ambiente seguro e estimulante que favoreza o seu desenvolvemento persoal. Para iso promovemos o descubrimento, a curiosidade e a aprendizaxe activa a través de experiencias que lles permitan fomentar o espírito crítico e desenvolver o seu propio pensamento.

A variedade de actividades como a participación en concursos, excursións, Plastic Arts, música, os diferentes obradoiros como robótica (GO STEAM, DIGICRAFT), horta escolar, a Aula Aberta… e os diversos proxectos combinados coa tecnoloxía proporcionan un marco ideal de oportunidades para interiorizar os contidos da súa aprendizaxe.

Mediante o Aprendizaxe baseado en proxectos os nosos alumnos e alumnas se converten en protagonistas do seu propio aprendizaxe, permitíndolles adquirir os coñecementos e competencias claves no século XXI mediante a elaboración de proxectos que dan resposta a problemas da vida real.

  • Método ABN-Matemáticas
  • Plastic Arts
  • ABP- Aprendizaxe baseado en proxectos

ESO

Esta etapa é un dos momentos de maior incerteza para alumnos e pais. Acompañamos aos nosos alumnos e alumnas sendo conscientes das circunstancias nas que se atopan, esforzándonos por sacar o máximo proveito das súas capacidades, innovando e buscando os métodos máis axeitados para optimizar o seu rendemento.

Atendendo tamén ás súas necesidades e desexos, poderán elixir diferentes itinerarios con diversas materias optativas como Francés, Tecnoloxía, TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) Dramatización e Artes Escénicas e Danza entre outras.

  • Innovación Curricular-Oratoria, Dramatización, Artes Escénicas e Danza