INSTALACIÓN DE 9 PANEIS DIXITAIS INTERACTIVOS DE 75’’ Promethean ACTIVpanel COBALT AP7-A75-02 75’’ no CPR Plurilingüe La Merced.
Financiado con cargo aos fondos da UE e o Plan de recuperación e resiliencia e apoiado pola Xunta de Galicia.
En base á ORDE do 11 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento ED301K,).
Os obxectivos que se perseguen con esta dotación son os seguintes:
- Crear 9 aulas dixitais básicas que, como mínimo dispoñan dun panel táctil interactivo e un equipamento informático en cada aula.
- Sustituir as pizarras dixitais coas que se contaba ata o de agora por paneis dixitais interactivos dun mínimo de 62’’ con sistema de ancoraxe á parede.
- Manter os equipos informáticos actuais das aulas.
- Dotar de medios ás aulas para potenciar o desenvolvemento da competencia dixital no alumnado.
Cómpre dicir que esta actuación para a dotación de aulas dixitais é cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado con cargo aos fondos da Unión Europea-NextGenerationEU e o Plan de recuperación e resiliencia, na súa convocatoria para o ano 2022 e foi apoiado pola XUNTA DE GALICIA.
Alumnos do Colexio A Merced